Escolas de Natación

Os nosos cursos de verán xa están aquí. Durante todo o mes de xullo na piscina de Acea da Ma, en grupos de iniciación e perfeccionamento.

Coa finalidade de evitar trastornos na organización dos grupos de aprendizaxe e na xestión das escolas, en beneficio de todos os alumnos, só se admitirán baixas que sexan comunicadas antes do día 20 do mes anterior.

Debido aos novos aforos permitidos pola normativa Covid-19, podemos reabrir inscripcións ata completar as novas prazas dispoñibles.

Unha tempada máis, o CN Culleredo organiza as súas escolas de natación, dirixidas a rapaces e cativos de 4 a 12 anos, co obxectivo de fomentar a aprendizaxe e práctica desde deporte entre os máis pequenos.

Una ano máis, organizamos grupos de perfeccionamento para adultos, e tras a boa experiencia da tempada pasada, decidimos ampliar a oferta organizando un grupo de perfeccionamento para rapaces entre 14 e 16 anos.