APERTURA DE INSCRIPCIÓNS. Escola de Natación
O
Club Natación Culleredo comezará en outubro, como ven sendo habitual, as súas Escolas de Natación
de Inverno no Complexo Deportivo de Acea de Ama, coa colaboración do Concello
de Culleredo. Debido á situación actual por mor do COVID-19, e a adopción das medidas de carácter extraordinario por parte das instalacións deportivas para garantir a saúde dos usuarios, vémonos na obriga de modificar sustancialmente a oferta
de actividades en canto ao número e idades dos nen@s.
En consecuencia, as actividades estarán dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos, na busqueda dunha maior autonomía persoal, que permita poder manter a distancia social que marcan todos os protocolos referentes a medidas para evitar a propagación da Covid-19, tanto nas propias actividades como nos procesos de aseo persoal.
Polo mesmo motivo, será preceptiva a superación dun control de nivel de natación no que se amose unha autonomía acuática suficiente que permita unha axeitada distancia social do monitor. En todos os horarios haberá grupos de Iniciación II (o alumno non precisa monitor na auga, desprázase só) e Perfeccionamento I e II, divididos en 3 niveis de ensino.
Debido ás limitacións na dispoñibilidade de vestuarios, en cada horario únicamente se admitirá a inscripción de 8 nenos e 8 nenas.
Nunha primeira fase de inscripción, só se admitirá a inscripción de alumnos un día á semana. Completada esta primeira fase, se quedaran plazas vacantes, abrirase a posibilidade de inscripción un segundo día semanal a aqueles alumnos que o desexen.
GRUPOS
Luns a Xoves
16.00 a 17.00 h.
17.00 a 18.00 h.
PRECIOS
1 día por semana: 25 € / mes
Familia Numerosa, bonificación 15%: 21,25 € / mes
* Riguroso orden de inscripción.
** Preferencia ás inscripcións de 1 día. Grupos de 8 NENOS e 8 NENAS
*** Mínimo 4 nen@s por grupo, para levar a cabo a actividade. O clube resérvase o dereito a cancelar a actividade en grupos que non alcancen este mínimo.
** Dependendo das prazas dispoñibles, estudiarase a opción de admitir a inscripción de 2 días por semana (40 €)
INSCRIPCIÓN
1.- Cumplimentar o FORMULARIO DE PREINSCRIPCIÓN.
2.- Confirmaráselle por correo electrónico se hai praza dispoñible. En ese caso, debe formalizar a inscripción, para o cal debe remitir debidamente cumprimentado o boletín de inscripción, o xustificante de pago da primeira mensualidade, e a declaración responsable Covid-19, á dirección cnculleredo@gmail.com
3.-Trancurridas 24 h dende que reciba o correo de confirmación da reserva de plaza, sin que se formalice a inscripción, deixarase sin efecto a reserva e liberarase de novo a plaza.
MÁIS INFORMACIÓN:
Club Natación Culleredo
natacionculleredo.com
Teléfono: 698164284
E-mail: cnculleredo@gmail.com