Campionato Galego de Augas Abertas

11.09.2020

Claudia Suárez, Mateo Sobrino e Joao Roda representarán ao Club Natación Culleredo no Campionato Galego de Augas Abertas

A competición celebrarase no Embalse Pontillón do Castro, de Verducido (Pontevedra) o próximo domingo 13 de setembro. 

A fórmula de competición é novedosa debido á actual situación de emerxencia sanitaria ocasionada pola Covid-19.

As probas disputaránse por sistema de cronometraxe e chegada de Micro Chip: A saída será individual en todas as categorías e o punto de chegada será distinto ao de saída, que será ordeada, en función da marca de 400m libres.

MOITA SORTE AOS NOSOS NADADORES