Campionato Galego de Augas Abertas

18.09.2021

O CN Culleredo participou este sábado en Castrelo de Miño na máxima competición autonómica en augas abertas, representado por Claudia, Iria, Joao e Mateo en categoría infantil, e Alicia, Noa e Paula en categoría alevín. 

Na proba de 5.000 m. celebrada pola mañá, Mateo proclamouse campión galego infantil, acadando ademais Joao a oitava plaza. Na categoría feminina, Claudia enterou no posto 11 e Iria no 20, completando unha estupenda participación do equipo. 

Xa pola tarde, na proba de 1.200 metros, Noa proclamouse subcampiona galega alevín, e Paula e Alicia chegaron quinta e sexta, fantásticos resultados para todas elas. 

Novamente, o equipo completa unha participación moi meritoria, merecida recompensa ao traballo e dedicación dos rapaces en todos os entrenos. 
Parabén a todos eles.