Campionato Galego Infantil de Verán

17.07.2022

O CN Culleredo participou no Campionato Galego Infantil de Verán, celebrado en Cervo os días 9 e 10 de xullo, completando unha fantástica actuación. 

A colleita de medallas foi abondosa:

  • 🥇🥇🥇🥇Noa Borrazás, campiona galega 100 e 200 m. costas, e 50 e 200 m. libres. 
  • 🥈🥈🥉Claudia Suárez, subcampiona galega 100 m. bolboreta e 400 m. libres, e terceira clasificada 200 m. bolboreta. 
  • 🥈🥈🥉 Mateo Sobrino, subcampión galego 100 m. braza e200 m. bolboreta, e terceiro clasificado 50 m. libres. 
  • 🥈🥉🥉🥉Carlota Feal, subcampiona galega 200 m. bolboreta, e terceira clasificada 100 m. bolboreta e 400 e 800 m. libres. 
  • 🥉Paula Hernáez, terceira clasificada 100 m. braza. 
  • 🥈🥈🥈🥈 Subcampionas Galegas na Remuda 4x100 m. estilos (Noa, Carla, Claudia e Paula).

As rapazas obtiveron un espectacular 3º posto na clasificación feminina, e os rapaces acadaron o posto 14 na clasificación masculina. O equipo rematou nun extraordinario posto 6º na clasificación xeral.

📢 Un clube moi pequeno con nadadores moi grandes‼️

Parabéns‼️