Claudia Suárez, medalla de prata no Campionato Galego de Augas Abertas
13.09.2020
A nadadora do CN Culleredo, ven de proclamarse subcampiona galega alevín no Campionato Galego de Augas Abertas.
A proba, adaptada ao formato contrarreloxo para minimizar o contacto entre deportistas, congregou a 320 nadadores pertencentes a 25 clubes da comunidade no Encoro Pontillón do Castro de Verducido, na provincia de Pontevedra.
Ademáis de Claudia Suárez, participaron neste campionato os nadadores do CN Culleredo Mateo Sobrino e Joao Roda, acadando asimesmo meritorios resultados, contribuindo todos eles a que o clube acadara unha meritoria posición 16 na clasificación por clubes do campionato.
Os resultados da proba poden consultarse na seguinte ligazón.