CN Culleredo con La Palma
Sumámonos á recollida solidaria promovida polo Concello de Culleredo e Protección Civil, a favor dos afectados pola erupción volcánica na illa de La Palma.
¿Queres aportar o teu graíño de área? O Concello de Culleredo e Protección Civil promoven unha recollida solidaria de material para as persoas afectadas polos danos causados polo volcán.
Para iso, habilítanse do 1 ao 10 de outubro catro puntos de recollida, onde poder achegar material tanto para as persoas que sufriron as consecuencias desta catástrofe, coma para os profesionais que están a axudar para minimizar os danos materiais na illa:
- Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
- Centro Municipal de Formación Pablo Picasso
- Conservatorio Profesional de Música de Culleredo
- Concello de Culleredo
O horario de recollida será de 10 a 14 horas polas mañás en todos os espazos e de 17 a 20 horas polas tardes no Conservatorio e no Edificio de Servizos Múltiples
Pódense aportar dende produtos de aseo coma cueiros, xel de baño, toallas, cepillos e pasta de dentes, mantas, sabas, ata equipos coma cascos (aínda que sexan de obra), lanternas, chalecos protectores, camisetas, botas..
Para máis información, pódese contactar no teléfono 620 008 450.