Convocados GES Alevín - Xornada 2

19.01.2025

¡Gran participación dos nosos nadadores alevíns na xornada GES celebrada este sábado no CGTD de Pontevedra! 

Formar parte deste grupo de alto rendemento, dirixido pola @fed_gal_natacion, é unha gran oportunidade para seguir perfeccionando a súa técnica e capacidades físicas, sempre co obxectivo de seguir medrando e acadando novos logros.

¡Énchenos de orgullo ver o seu esforzo e dedicación! Agradecemos á FEGAN por seguir confiando nos nadadores formados no noso clube.