Sara e Martín, convocados coa Selección Galega Alevín
15.02.2025

Temos unha gran nova que compartir! Sara e Martín foron convocados pola FEGAN para formar parte da Selección Galega Alevín, que competirá no XI Campionato de España por Federacións Autonómicas do 21 ao 23 de febreiro na Piscina Municipal Parquesol de Valladolid.
Galicia estará representada por 21 nadadores (10 en categoría masculina e 11 en feminina) e contará co adestrador responsable Daniel Toro Varela, Director Técnico da FEGAN.
Ademais, como parte da preparación, este sábado 15 de febreiro celebrarase a terceira xornada do programa GES na piscina do CGTD de Pontevedra, dirixida tamén por Daniel Toro.