Campionato de España Infantil de Verán

31.07.2022

O CN Culleredo participou no Campionato de España Infantil de Verán, celebrado en Logroño os días 28 a 31 de xullo. 

Fantástico balance final, co 🥉 bronce de Noa en 100 m costas (terceira de España 🇪🇸 e mellor marca galega 14 anos), ademáis da súa participación nas probas de 200 m costas, 100 m libres e 800 m libres; participación de Carla en 200 m. braza; e participación de ámbalas dúas na remuda de 4x100 estilos, xunto con Paula e Claudia.

En todas as probas deron o mellor de sí.

‼️Parabéns por esta estupenda experiencia‼️