LXXXI Travesía San Amaro
28.08.2022
Un ano máis, participamos na tradicional Travesía á ensenada de San Amaro, organizada polo Club do Mar, sobresaíndo novamente os nadadores do Culle en todas as clasificacións.
Mateo Sobrino proclamouse campión da categoría C masculina.
Mauro Borrazás acanzou a prata na categoria A masculina, mesmoposto que Noa Borrazás na categoría C feminina, na que Claudia Suárez foi bronce.
Dolores Sar foi prata categoría G feminina.
Noa Borrazás, 🏆campiona das probas australianas, categoría feminina.
Trofeos para tamén para os nadadores de menor e maior idade da proba, Mauro e Dolores.
Parabéns‼️