Inicio da Liga Infantil o próximo sábado 5 de decembro
O vindeiro sábado día 5 de decembro, os nadadadores e nadadoras da categoría infantil iniciarán as competicións da actual tempada, con motivo da 1ª xornada da Liga Galega Infantil, que terá lugar na piscina do Club del Mar de San Amaro (A Coruña), coa participación do CN Coruña, Club del Mar de San Amaro.
Debido ás limitacions de aforo impostas pola situación actual, a competición levarase a cabo sen a presencia de público e dividindo a entrada á instalación dos clubes participantes en dous grupos.
O noso clube debe facer a súa entrada na instalación ás 16:50 h, para facer o quecemento ás 17:00 h, que realizarán de forma conxunta os nadadores e as nadadoras.
A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable, debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal.
É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga, e cumpran todas as regras do protocolo Covid-19 da competición.