Nova xornada la Liga Alevín
A competición non para e os nosos alevíns disputarán a segunda xornada de liga o próximo sabado 19 de decembro, na Piscina Carballo Calero, en Carballo.
Novamente, debido ás limitacions de aforo impostas pola situación actual, levarase a cabo sen a presencia de público e dividindo a competición en dous grupos: femenino e masculino.
As rapazas deberán presentarse ás 15:45 h para entrar á instalación, realizarán o quecemento de 16:00 h. a 16:40 h e iniciarase a competición ás 16:50 h.
Os nadadores deben presentarse ás 17:45 h, facerán o quecemento de 18:00 h. a 18:40 h. A competición iniciarase ás 18:50 h.
A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable que lles facilitará nestes días a entrenadora, debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal.
É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga. É importante que os nadadores procedan a retirar e por a máscara sempre mirando cara o vaso da piscina, nunca cara os cronometradores. Deberán esperar o pitido dos árbitros para quitala antes do inicio de cada proba.
¡MOITA SORTE A TODOS OS NOSOS NADADOR@S!