Participación no Trofeo Amizade
10.02.2022
O CN Culleredo completou unha meritoria participación no Trofeo Amizade, organizado onte polo CN Ponteareas.
A nivel individual, acadáronse duas medallas, ouro e prata, por Jorge Rivas nos 50 m libres e volvoreta, respectivamente.
Moi boa actuación de todos os nadadores, mellorando bastantes marcas persoais, nalgún caso de forma significativa, o que propiciou unha clasificación de mérito, sexto posto masculino e oitava posición feminina, quedando novenos na clasificación final.
Foi unha xornada longa na que os nosos deportistas poideron tomar contacto de novo coa competición para comenzar a tempada.
¡Vamos Culle!