Participación na LXXX Travesía San Amaro

30.08.2021

O CN Culleredo participou onte,  representado por nadadores de diversas categorías, na LXXX Travesía a nado á enseada de San Amaro, organizada polo Club del Mar. 

Foi unha mañá espléndida para a práctica da natación, a pesar da temperatura da auga, que non impediu que todos nosos nadadores disfrutaran da proba, con resultados destacados. 

Sobresaiu na clasificación Noa Borrazás, campiona da categoría B, e Dolores Sar, campiona da categoría G, así como Mauro Borrazás, subcampión da categoría A. Tamén fixeron podio, clasificados terceiros da súa categoría, Alicia Martín e Joao Roda na categoría B, e Iria Rodríguez e Mateo Sobrino na categoría C. 

Mención especial tiveron Mauro e Dolores, premiados tamén como o nadador máis xove e nadadora mais veterana en terminar a proba.  

Ao rematar a travesía, os rapaces participaron nas probas australianas organizadas na piscina exterior do Club del Mar, donde fixeron todos eles moi bo papel, clasificando para as finais, a pesar de non haber categorías por idade. 

Foi unha excelente mañá para todos os nadadores que poideron disfrutar en compañía da nosa gran familia deportiva.