Primeira xornada da Liga Alevín

15.11.2020

Este sábado tivo lugar na piscina do Club del Mar de San Amaro (A Coruña), a primeira xornada da Liga Galega Alevín, con nova normativa e baixo estrictas medidas de seguridade frente ao Covid-19

A competición desenrolouse de maneira diferente ao que estabamos acostumados, en dúas sesións distintas (feminina e masculina), sen probas de remudas, etc., pero moi ben organizado polo clube anfitrión.

O noso clube estivo representado por 7 nadador@s. Foi unha excelente tarde para os nosos rapac@s, que sentiron de novo os nervos da competición e acadaron excelentes resultados, mellorando os seus rexistros anteriores. 

¡Noraboa a todos!  ¡A seguir así, con esa ilusión!