Primeira xornada da Liga Benxamín

04.11.2021

Disputarase o próximo sábado pola tarde en Carballo, coa presencia de público por primeira vez dende antes da pandemia. 

Ainda que o acceso á instalación estará limitado e só se permitirá a entrada a un familiar de cada nadador, a entrada de público é un paso mais cara a normalidade e un aliciente para os pequenos. 

Nesta primeira xornada trataremos de consolidar as boas marcas acadadas o mes pasado no Torneo disputado en Ferrol. 

¡Boa sorte a todos os nadadores!