O CN Culleredo gaña seis medallas no Campionato Galego Alevín
Carlota Feal proclamouse esta fin de semana campiona galega alevín nos 200 metros bolboreta, grazas a unha impresionante remontada no tramo final da proba
A fantástica actuación do noso equipo completouse cos subcampionatos nas probas de 800 m. libres e 100 m. bolboreta acadados por Carlota e de 200 m braza acadados por Carla Cabanas, e coas terceira prazas en 400 libres de Carlota e 100 m. braza de Carla. Joao Roda tamén acadou postos de honra (7º e 8º) nas probas masculinas de 100 m. bolboreta e 200 m. costas.
Unha vez máis, os nosos nadadores son quen de sobrepoñerse ás enormes dificultades para o desenrolo dos adestramentos, motivadas pola falta de dispoñibilidade de instalacións, acadando a pesar de todo uns resultados extraordinarios.
O equipo acadou unha meritoria clasificación final no posto 14, a pesares de acudir con so tres nadadores, facéndose co posto 9 da clasificación feminina.
¡BRAVO CAMPIÓNS!