O CN Culleredo gaña cinco medallas no Campionato Galego Infantil
Noa Borrazás proclamouse campiona galega en 100 m. costas, 200 m. costas e 400 m. libres, e subcampiona galega en 200 m. libres. Paula Hernáez acadou a medalla de bronce nos 100 m. braza.
Paula completou a súa participación cun honroso cuarto posto en 200 m braza, o mesmo que acadou Alicia en 800 m. libres.
No resto de probas disputadas, tanto Alicia coma Claudia e Mateo ocuparon lugares destacados na clasificación, mellorando os seus tempos e acadando valiosos puntos para a clasificación por equipos.
Unha vez máis, os nosos nadadores demostraron saber sobrepoñerse ás enormes dificultades para o desenrolo dos adestramentos, motivadas pola falta de dispoñibilidade de instalacións, acadando a pesar de todo uns resultados extraordinarios.
O equipo acadou unha meritoria clasificación final no posto 14, a pesares de acudir con tan só cinco nadadores, e ningún deles de último ano.
¡BRAVO CAMPIÓNS!