Resultados V Travesía Vila do Tea
Os nosos nadadores disfrutaron dunha xornada de deporte e diversión na Praia Fluvial da Freixa de Ponteareas, con resultados destacados en todas as categorías.
Na competición celebrada pola mañá, organizada de forma excepcional polo CN Ponteareas, Carlota e Carla acadaron o primeiro e segundo posto na categoría alevín. Na categoría infantil, Noa obtivo a medalla de prata, e tanto David coma Dolores acadaron sendas medallas de bronce nas súas respectivas categorías máster. O resto de nadadores participantes ocuparon lugares de mérito na clasificación, case todos eles no top-10 da súa categoría .
Unha vez rematada a competición, o grupo desplazado a Ponteareas puido disfrutar dunha xornada de ocio e diversión no entorno natural da praia fluvial, aproveitando o bo tempo reinante todo o día.