Resultados XV Travesía de Perbes
25.07.2021
Hoxe disfrutamos na praia disputando a XV Travesía de Perbes, na que participaron nadadores do clube e da escola, así coma algúns pais e familiares.
Os resultados foron fantásticos para os nosos deportistas, que obtiveron premios en todas as categorías:
En categoría élite (1.500 m):
🥈Noa Borrazás
🥉Helen Sanderson
En categoría popular (600 m):
🥇Carlota Feal
🥈Carla Cabanas
Os mais pequenos tamén o fixeron fenomenal:
🥇Mar (75 metros)
🥉Cruz (25 metros)
Parabéns a todos os nadadores, que completaron unha gran Travesía.
Moitas gracias tamén á organización do ⛵Club Marítimo de Perbes polo seu esforzo, ano tras ano, en sacar adiante esta tradicional Travesía, que destina todos os ingresos a fins solidarios.