Segunda xornada da Liga Alevín

20.12.2020

Durante a tarde de onte celebrouse a segunda xornada da Liga Alevín na piscina municipal Carballo Calero, de Carballo, coa participación do clube organizador, ADF Fogar, as coma o CN Liceo, o Sarval Arteixo e o CN Culleredo.

Nunha primeira quenda desenrolouse a competición feminina, donde as nosas nadadoras obtiveron excelentes resultados, mellorando todas elas os seus anteriores rexistros. 

Joao encargouse de defender as nosas cores na competición masculina, obtendo boas marcas que tamén melloran notablemente os seus rexistros anteriores.

¡Noraboa a todos os nadador@s!