Segunda Xornada da Liga Infantil (feminina)
O próximo sábado 20 sairán a escea as rapazas da categoría infantil, para disputar as probas correspondentes á segunda xornada da Liga.
Formarán parte do grupo que competirá na piscina do Club del Mar, en San Amaro (A Coruña), xunto coas nadadoras do CN Coruña, CN Liceo, Casino e as anfitrionas do Club del Mar.
Debido ás limitacions de aforo impostas pola situación actual, levarase a cabo sen a presencia de público.
As rapazas deberán presentarse ás 17:45 h para entrar á instalación en grupo ás 18:10 h, realizarán o quecemento de 18:20 h. a 18:40 h e iniciarase a competición ás 18:45 h.
A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable que lles facilitará nestes días a entrenadora, debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal.
É importante que as deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga, e que procedan a retirar e por a máscara sempre mirando cara o vaso da piscina, nunca cara os cronometradores. Deberán esperar o pitido dos árbitros para quitala antes do inicio de cada proba.
¡Moita sorte a todas as nadadoras!