Suspensión temporal das escolas de natación

30.11.2020

Debido ás medidas de prevención da Covid-19 adoptadas pola Xunta de Galicia, polas que se suspenden temporalmente as actividades de piscina que non sexan individuais ou federadas, dende o Complexo Deportivo de Acea de Ama comunicouse ao Concello a suspensión temporal dos cursos de natación impartidos nese centro.

Pola súa parte, a Dirección do CN Culleredo contempla a posibilidade de recuperación dos días que se perdan, durante as vacacións de Nadal, se as circunstancias o permiten.

Esperamos reanudar a actividade, tan pronto coma o permitan as autoridades sanitarias.

Desculpen as molestias.

Un saludo e ¡moito ánimo!