XXII Trofeo Amizade (Ponteareas)
O CN Culleredo participará, representado por 12 nadadores, no XXII Trofeo Amizade, organizado polo CN Ponteareas.
A competición manterá o formato por categorías da edición anterior e reunirá a nadadores e nadadoras de alto nivel, na procura de mínimas para o Campionato de España que se disputará en novembro en Mallorca.
O torneo desenvolverase na piscina municipal do Complexo Deportivo Álvaro Pino a partir das 11.00 horas e poderá seguirse por streaming a través da canle de Youtube do CN Ponteareas. Asimesmo, a organización habilitará unhas pantallas no pavillón anexo á piscina, para que todos os acompañantes dos deportistas poidan seguir a competición de xeito seguro. Ademais, durante a competición tamén se entregará o XIII Trofeo Concello de Ponteareas, que premiará aos mellores nadadores e nadadoras por puntos segundo os criterios da Federación Internacional de Natación (FINA).