Comprometidos coa protección integral da  infancia/adolescencia fronte a violencia

O Club Natación Culleredo está comprometido coa protección integral á infancia e adolescencia fronte a calquer tipo de violencia. Dende o clube xa temos dado pasos para a implantación de medidas para a prevención e corrección de conductas que poidan supoñer situacións de discriminación, violencia ou alteración do benestar dos nenos, nenas ou adolescentes, e para fomento da comunicación entre o clube e os pais ou adultos responsables, como o Regulamento Interno ou a Canle de Atención ao Nadador.

Somos conscientes de que o desenrolo da Lei Orgánica para a protección integral á infancia e a adolescencia fronte a violencia, está pendente ainda dun desenrolo completo por parte das administracións con competencias en materia deportiva, coa adopción dos protocolos de actuación nesta materia, que o noso clube asumirá e aplicará nada máis sexan aprobados.

Dado o alcance e importancia deste tema, creamos a figura do Delegado de Protección do Menor, unha canle específica e exclusiva para estes asuntos, de maneira que os nenos, nenas e adolescentes teñan unha figura independente de referencia á que dirixirse en caso de necesidade, así como calquer outra persoa con interés lexítimo en trasladar o recabar información a este respecto. Para elo, xa se encontra operativo o email menores@natacionculleredo.com e o formulario seguinte formulario de contacto: