POLITICA DE PRIVACIDADE WEB/REDES
1.- O acceso a este sitio web e a aqueles perfiles/contas do Club Natación Culleredo en Redes Sociais (que así o permitan) como visitante, sen demanda de ningún tipo de servizo, non requirirá en ningún caso que o usuario teña que facilitar ningún dato sobre sí mesmo.
2.- O Club Natación Culleredo procedeu, de acordo coa lexislación vixente en materia de protección de datos persoais, a adoptar todas as medidas de natureza técnica e organizativa co fin de garantir en todo momento a confidencialidade e integridade dos datos que Vde. Como usuario puidera facilitarnos, e para evitar a súa alteración ou perda
3.- Procedementos de recollida de datos, finalidades dos seus tratamentos e tempo de conservación.
Os datos proporcionados a través de calquera dos enlaces/formularios que haxa na website www.cnculleredo.es, así como os que resulten da relación establecida, formarán parte de un ou varios tratamentos, do/dos que o Club Natación Culleredo é responsable, conservándose mentres dure a citada relación ou durante os anos preciso para o cumprimento coas distintas obrigas legais que en calquera momento e en calquera medida lle sexan de aplicación. Así mesmo, poderán ser utilizados para a prestación do servizo solicitado e/ou para a atención da súa demanda de información, así como para futuros contactos de tipo comercial, organizativo ou divulgativo. Caso de que o medio de subministro do por parte do usuario dos seus datos sexa a través de redes sociais nas que o Club Natación Culleredo teña un perfil/conta activa, e a súa finalidade sexa distinta á meramente necesaria para as condicións de uso que marque cada rede social en particular, deberá dirixirse aos formularios/enlaces do sitio web do Club Natación Culleredo para a demanda de calquera outro servicio por parte de esta.
Nos formularios para a recollida de datos, sinalaranse os que teñen carácter obrigatorio, e os que non. O non subministro dos datos cualificados como de carácter obrigatorio suporá a imposibilidade de acceder ao servizo o a non prestación de este.
4.- Petición de Consentimentos
O titular dos datos subministrados autoriza de forma expresa, mediante a aceptación da presente política de privacidade: o tratamento de estes por parte do Club Natación Culleredo para os fins descritos; o envío, tanto por vía telemática como por calquera outro medio ordinario ou que nun futuro se desenrole, toda información e/ou publicidade que o Club Natación Culleredo considere pertinente sobre a información/servicios demandados, ou calquera outro que a entidade considere que poida ser do seu interese; a inclusión en grupos de mensaxería de pais/nais/tutores ou deportistas do clube para finalidades divulgativas ou organizativas do clube, ou calquera outra finalidade de interés para éste.
O usuario dos perfís/contas do Club Natación Culleredo en redes sociais autoriza, naqueles supostos que a lexislación o permita, a utilización, reprodución e comunicación a terceiros de calquera opinión e arquivo de audio/vídeo (sen copyright) que o mesmo poida inserir nas citadas redes. En todo caso, e especialmente en arquivos de audio/vídeo inseridos, entenderase que o usuario conta coa autorización das persoas distintas ao mesmo que aparezan neles, sendo da súa única e exclusiva responsabilidade a non contemplación de esta condición.
Así mesmo, e de acordo co anterior, o usuario comprométese a comunicar por calquera medio e nos termos que se establecen para o exercicio de dereitos, calquera modificación que se reproduza en todos os datos aportados.
O usuario poderá revocar o seu consentimento para os tratamentos sinalados nos parágrafos anteriores, de acordo co establecido na lexislación vixente en materia de protección de datos persoais, á dirección de correo electrónico cncullerdo@gmail.com, mediante os procedementos que estean establecidos legalmente en cada momento.
Igualmente, e con carácter previo, o usuario, por medio dos cadros de verificación establecidos nos distintos formularios ou mediante o envío de e-mail, poderá indicar ao Club Natación Culleredo que non desexa recibir máis información/publicidade da inherente á petición solicitada e/ou aos servicios contratados
5.- Exercicio de Dereitos
Informámoslle que debe dirixirse por calquera medio que permita acreditar o envío e recepción da solicitude, ao Club Natación Culleredo no correo electrónico cnculleredo@gmail.com para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, portabilidade, decisións individuais automatizadas e limitación do tratamento dos datos persoais. Así mesmo, tamén poderá exercitar o seu dereito de reclamación e/ou tutela ante a Axencia Española de Protección de Datos, seguindo para elo o indicado en cada momento pola citada entidade.
7.- O Club Natación Culleredo . comprométese, na medida das súas posibilidades, a atender as peticións que en calquera momento e utilizando sempre os cauces que a lei estableza, poida plantexar o usuario, en canto a observacións, melloras e reclamacións.